Viveiro rexistrou nas últimas horas refachos de vento de máis de 110 quilómetros por hora. En concreto, a máxima marcouse na estación que Meteogalicia ten en Penedo do Galo, con 111,2 km/h.
Ademais, na provincia de Lugo, A Pontenova rexistrou refachos de vento de 94,1 km/h durante a madrugada deste venres e en Abadín alcanzáronse o 88 km/h.
Tamén na provincia da Coruña notouse o forte vento. Así, en Punta Candieira, en Cedeira, o vento alcanzou o 98,7 km/h, ou en Ortigueira, na estación de Serra da Faladoira, Meteogalicia notificou ventos de ata 86,8 km/h.
Nestes momentos o litoral da Costa da Morte, o Noroeste da Coruña, as Rías Baixas e a Mariña lucense mantéñense en alerta laranxa por mar combinado con ondas de cinco a sete metros. A partir das 15,00 horas o aviso pasa a nivel amarelo por ondas de catro a cinco metros.