O Concello de Viveiro súmase un ano máis á reivindicación do Día Mundial de Concienciación do Autismo, que se celebra este domingo, día 2 de abril.
Con motivo desta data, o Concello iluminará na noite do domingo ao luns, de azul, a porta de Carlos V, unha cor que representa ao trastorno de espectro autista (TEA).
A iniciativa enmárcase no proxecto mundial “Light Up to Blue” (Ilumína de azul) promovida por Autism Speaks (Light It Up Blue) e apoiada por Autismo Europa, Autismo España e por Autismo Galicia.
No 2022 ilumináronse en España máis de 450 monumentos, máis de 90 deles en Galicia tanto de titularidade pública como privada, e este domingo o reto é chegar aos 500.