InicioOccidentalViveiroViveiro di que 'lamenta' que a AXI pintase as estradas de entrada...

Viveiro di que ‘lamenta’ que a AXI pintase as estradas de entrada ao concello fóra do horario establecido

O concello recalca a responsabilidade da AXI e da empresa contratada por esta nestes feitos, que non lle foron trasladados, e lamenta que isto afectase á Semana Santa de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro lamenta que as labores da Axencia Galega de Infraestruturas, das cales non tiña constancia, afectasen ao tráfico na vila durante a procesión do Domingo de Ramos.

Os traballos, que consistían no pintado das estradas de entrada a Viveiro, estaban previstos para ser realizados de noite, non durante o día como finalmente sucedeu.

O goberno local de Viveiro leva tempo solicitando á AXI o pintado de estradas, especialmente o da LU-540, que une o municipio con Cabreiros e para a que se pediu hai semanas un repintado inminente, polos riscos que presentaba o seu estado ante a frecuencia de choiva e néboa.

Porén, indican que non os avisaron de que se realizarían traballos durante o día, e menos cando se celebrase ao mesmo tempo a clásica procesión de La Borriquita.

O concello recalca a responsabilidade da AXI e da empresa contratada por esta nestes feitos, que non lle foron trasladados, e lamenta que isto afectase a unha celebración de tanta importancia como é a da Semana Santa de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...