InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro resalta a alta participación nos actos de Semana...

O Concello de Viveiro resalta a alta participación nos actos de Semana Santa na vila

“O primeiro balance provisional non pode ser máis satisfactorio, está sendo unha Semana Santa moi especial, con moita xente doutros lugares de España e o estranxeiro”, afirma María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro vive a Semana Santa, o momento máis especial do ano, cun gran éxito de asistencia e participación nas procesións programadas e no resto das actividades.

Onte, a procesión do Santo Enterro contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e do novo delegado do goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, que acompañaron á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e ao conxunto da comitiva institucional.

“O primeiro balance provisional non pode ser máis satisfactorio, está sendo unha Semana Santa moi especial, con moita xente doutros lugares de España e o estranxeiro”, afirma María Loureiro, que agradece “o intenso traballo desde hai meses da Xunta de Cofradías de Viveiro e a implicación dos nosos veciños e veciñas”.

Na xornada de hoxe, sábado, celebrarase ás 19:30 horas a procesión da Esperanza da Resurección; e mañá domingo, ás 12:00 horas, a procesión do Encontro da Resurrección, e a procesión do Vía Lucis ás 20:30 horas.

Ademais, continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio cultural de Viveiro. “Uns días que tamén son moi importantes para a economía local; moitas grazas ao sector servizos, aos establecementos de hostalería, hospedaxe e comercio, polo esforzo que están a facer para atender aos milleiros de persoas que nos visitan”, remata a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...