InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro e o Celeiro Club do Mar piden a...

O BNG de Viveiro e o Celeiro Club do Mar piden a construción de vestiarios no campo de Celeiro sen contar coa Xunta

O BNG sinala que o acordo para a instalación de vestiarios no campo de Celeiro non se materializará pola falta de “compromiso da Xunta de Galicia, gobernarda polo PP".

Publicada o

- Advertisement -

Celeiro Club do Mar e BNG reuníronse poñendo en común ideas e proxectos. Tamén falaron dos beneficios que terían as subvencións por concorrencia competitiva nas entidades deportivas locais. Esta demanda foi presentada polo BNG viveirense no pleno municipal sen saír adiante polos votos en contra do goberno local, afirman os nacionalistas de Viveiro.

O BNG sinala que o acordo para a instalación de vestiarios no campo de Celeiro non se materializará pola falta de “compromiso da Xunta de Galicia, gobernarda polo PP, e sen ninguén en Viveiro do Partido Popular coa suficiente capacidade resolutiva” nin co mínimo mando para que “a Xunta cumpra coa sua propia palabra nun acordo que ía asinado a tres bandas: Xunta de Galicia, Concello de Viveiro e Área de Deportes da Deputación gobernada polo BNG”.

Durante a reunión co Celeiro Club do Mar. o BNG propuxo iniciar os trámites para un acordo a dúas bandas sen contar coa Xunta de Galicia, “pola falta de palabra do Partido Popular”. A Área de Deportes da Deputación onde goberna o BNG e coa finalidade de axilizar as obras, “está disposto a sacalas adiante co orzamento consignando e cun novo acordo a dúas bandas”. Quedaríase á espera da aceptación por parte do Goberno Municipal para a creación dos vestiarios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...