InicioOccidentalViveiroViveiro acolle o VI Congreso Agantro de antropoloxía para finais de abril

Viveiro acolle o VI Congreso Agantro de antropoloxía para finais de abril

A cita será na sala multiusos da Casa do Concello e está organizada pola Asociación Galega de Antropoloxía e deseñada como un espazo de visibilización do valor desta disciplina.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolle os próximos días 28 e 29 de abril o VI Congreso Agantro baixo o epígrafe ‘Antropoloxía en Galiza e Asturies Hoxe’.

A cita, que se desenvolverá na sala multiusos da Casa do Concello, está organizada pola Asociación Galega de Antropoloxía e deseñada como un espazo de visibilización do valor desta disciplina, ao tempo que como encontro coa Asociación Asturiana de Antropoloxía e Patrimonio Etnolóxico (ASAPE).

Na primeira sesión do venres 28 celebrarase a asemblea anual, en formato híbrido, mentres que o sábado levarase a cabo, dende as 11:00 horas, un encontro coa ASAPE para compartir experiencias.

Pola tarde, con actividades xa abertas ao público, dende as 16:00 horas será o momento da benvida oficial por parte das presidentas de ambas entidades, Yolanda Cerra e Luzia Oca. Despois continuarase cun espazo de presentación de proxectos de investigación, con tres propostas de cada territorio, ‘6×6 Antropoloxía en Galiza e Asturies hoxe’, que será moderado por Iria Vázquez Silva.

Ás 18:30 horas comezará a conversa ‘(Re)activar saberes: A Antropoloxía fronte aos desafíos dos mundos posibles’, coa participación de Llorián García-Flórez (ASAPE) e Candela Morado (UPM/INCIPIT, Agrocuir), moderada por Iñigo Sáchez Fuarros.

Os interesados en acudir ao Congreso poden obter máis información, así como inscribirse antes do mércores 26 de abril, a través da web: www.agrantro.org. Tamén poden resolver as dúbidas no email: agrantro@gmail.com

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...