InicioOccidentalViveiroSatisfacción en Viveiro pola restauración do reloxo de Santa María

Satisfacción en Viveiro pola restauración do reloxo de Santa María

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro amosa a súa satisfacción polo resultado dos traballos de restauración do antigo reloxo mecánico municipal situado no Conxunto Histórico Artístico da Praza de Santa María.

A empresa Lages Electrónica, encargada de levar a cabo este labor, acaba de rematar una restauración que incluíu agullas, minutarías e a transmisión de dúas esferas exteriores. Tamén se fixo unha restauración xeral da antiga máquina do reloxo que foi construída en 1861 pola prestixiosa casa francesa Arsene Cretin Ange e instalada polo reloxeiro de A Coruña Ramón A. Iglesias Abeleira. Ademais, acondicionouse o habitáculo onde estaba instalado o reloxo.

Tras esta minucioso traballo, o reloxo foi montado provisionalmente para poder ser visitado. Todas as persoas interesadas en desfrutar desta xoia artística de Viveiro, poderán facelo antes ou despois da misa que se oficia os martes, xoves e sábados, ás 19:30 horas, así como os domingos, ás 11:00 horas.

“Estamos felices do resultado destes traballos que son clave para o mantemento do amplo patrimonio artístico co que conta Viveiro”, indica a alcaldesa María Loureiro. “Agora queremos compartir esta peza tan valiosa con toda a veciñanza, e dende o Concello vanse enviar tamén invitacións aos centros educativos, unhas visita nas que o cronista oficial lles ofrecerá unha charla sobre a valía e a historia desta peza”, engade a rexedora.

Despois do período de exposición, procederase de novo ao montaxe na Torre do Reloxo, e tras realizar os reaxustes pertinentes, poñerase de novo en funcionamento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...