InicioOccidentalViveiroConcurso de fotografía 'Onde les ti?' para o Día do Libro en...

Concurso de fotografía ‘Onde les ti?’ para o Día do Libro en Viveiro

O concurso ten por obxecto crear unha imaxe na que apareza o recuncho preferido de cada participante para ler e na que o libro ou o acto de ler sexa o protagonista da instantánea

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro quere conmemorar o Día do Libro que se celebra este domingo, día 23, convidando de novo á veciñanza a participar no Concurso de Fotografía “Onde les ti?” A iniciativa, impulsada pola concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal de Viveiro, conta coa colaboración do Centro comercial Casco Histórico de Viveiro.

“A lectura é sempre un momento especial e de evasión. Amosar ese instante mediante unha fotografía e compartilo é un xeito diferente de atraer novos lectores e de potenciar hábitos de lectura”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

O concurso ten por obxecto crear unha imaxe na que apareza o recuncho preferido de cada participante para ler e na que o libro ou o acto de ler sexa o protagonista da instantánea. Esta poderá ir acompañada dunha breve descrición se o/a participante o considera oportuno.

O prazo para o envío das fotografías comeza este domingo, día 23, e finaliza o día 30.

Establécense tres categorías de participación: infantil, ata 12 anos; xuvenil, entre 13 e 17 anos; e adulto, a partir de 18 anos. Os premios serán un lote de libros cun valor de 60 euros por cada categoría e un lote de entradas para “Cines Viveiro” cun valor estimado de 100 euros por categoría.

Cada participante poderá presentar unha fotografía. Unha vez recibidas, o 2 de maio serán publicadas por categorías na páxina de programación cultural do Concello de Viveiro, onde a cidadanía poderá votar pola súa favorita ata o 6 de maio. A fotografía que máis “me gusta” acade en cada categoría será a gañadora.

Para participar as fotografías deberán ser enviadas por correo electrónico ao enderezo da Biblioteca Municipal de Viveiro: biblioteca.viveiro@viveiro.es

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...