InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro preside a reunión de seguridade para a CAMOVI...

O Concello de Viveiro preside a reunión de seguridade para a CAMOVI deste domingo

"Son máis de mil participantes e milleiros as persoas que chegan á vila, así que é a nosa responsabilidade que o fagan de forma segura”, subliña Suso Fernández, primeiro tenente de alcalde.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolleu esta mañá a reunión de seguridade con motivo da celebración, o vindeiro domingo día 23, da CAMOVI – Carreira Montes de Viveiro.

O primeiro tenente de alcalde, Suso Fernández, presidiu a reunión á que acudiron representantes da Policía Nacional, Garda Civil de Viveiro, Garda Civil do Tráfico, Garda Civil do Mar, do Parque de Bombeiros de Viveiro, da Policía Local, e de Protección Civil, xunto a membros do Departamento Municipal de Obras e da organización da proba.

“A Camovi é unha das citas máis destacadas no calendario deportivo de Viveiro. Son máis de mil os participantes e milleiros as persoas que se achegan ata a vila para acompañalos ou para desfrutar dela, así que consideramos que é a nosa responsabilidade coidar de que o fagan de forma segura”, subliña Suso Fernández. “Agradecemos un ano máis a todos os que forman partes deste dispositivo a súa vontade de colaboración e a súa dispoñibilidade”, engade o tenente de alcalde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...