InicioOccidentalViveiroCursos gratuítos de música en Viveiro

Cursos gratuítos de música en Viveiro

En todos os casos suporán un primeiro contacto con estas especialidades instrumentais para cativos sen coñecementos musicais.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, ofertan durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades para facilitar un primeiro achegamento á música aos máis pequenos.

Impartirase un curso de Iniciación Musical dirixida a nenos nados no ano 2016 con actividades que favorezan a percepción e a expresión musical dos máis cativos dunha maneira lúdica. Para formalizar a inscrición ábrese o prazo o próximo luns día 24 ata o día 26. As prazas son limitadas.

Pola súa banda, convócase tamén o curso de Iniciación ao Instrumento de: Clarinete, Frauta Traveseira, Gaita, Guitarra, Saxofón, Trompeta e Violonchelo dirixido a nenos/as de entre 8 e 14 anos. Así mesmo, impartirase o curso de canto para nenos e nenas a partir dos 12 anos.

En todos os casos suporán un primeiro contacto con estas especialidades instrumentais para cativos sen coñecementos musicais. O prazo de inscrición vai do 2 ata o 4 de maio e as prazas tamén son limitadas. A inscrición realizarase na Secretaría do Conservatorio de Música en horario de oficina: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...