InicioOccidentalViveiroA viveirense Emily Castañeda elixida por UNICEF Galicia vogal do Consello de...

A viveirense Emily Castañeda elixida por UNICEF Galicia vogal do Consello de Infancia e Adolescencia

"Como institución pública animamos e impulsamos as iniciativas que sirvan para a participación dos máis novos na política, na vida social e cultural da vila" di a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro transmite os seus parabéns e amósase profundamente orgulloso da elección de Emily Sofía Castañeda, integrante do Grupo de Participación Adolescente de Viveiro, como vogal do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia de Unicef.

A constitución do consello tivo lugar o venres 21 de abril na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago, nun acto organizado por Unicef e a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

“Para o Concello de Viveiro é un honor que unha das nosas veciñas forme parte deste importante foro. Como institución pública animamos e impulsamos todas as iniciativas que sirvan para incentivar a participación dos máis novos na política e na vida social e cultural da vila, e o Grupo de Participación Adolescente, sen dúbida, está a cumprir enormemente todos os obxectivos que se marcaron dende a súa constitución”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“Estamos enormemente orgullosos non só desta elección, senón do traballo e do esforzo de todo o Grupo ao longo do ano. Parabéns a todos os seus integrantes por este importante recoñecemento”, engade a Concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez.

Emily Sofía Castañeda agradeceu a Unicef a oportunidade que se lle brinda a partir deste momento como integrante deste órgano, ao tempo que subliña que “foi unha gran experiencia, na que puiden coñecer xente que tamén está interesada en dar voz ás mais novas e novos”. “Ademais o evento foi realmente moi bonito”, engade a viveirense.

Unicef Galicia e o Concello de Viveiro aplauden e felicitan a elección de Emily polo seu nomeamento, froito do interese e da implicación demostrada para dar protagonismo ás opinións dos nenos, nenas e adolescentes no ámbito autonómico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...