InicioOccidentalViveiroI Andaina Solidaria en Viveiro organizada polo Grupo de Participación Xuvenil e...

I Andaina Solidaria en Viveiro organizada polo Grupo de Participación Xuvenil e o Concello

A recadación de fondos destinarase á Asociación Saúde Mental a Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

As rapazas e rapaces do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, coa colaboración do Concello de Viveiro e da Asociación Cultural Branque, organizan este venres, 28 de abril, a primeira edición da Andaina Solidaria con motivo do Día Internacional de Deporte polo Desenvolvemento e a Paz que se conmemorou este mes. O obxectivo desta iniciativa é por en valor a importancia da Saúde Mental entre as máis novas e novos.

“Todos os involucrados nesta Andaina Solidaria consideramos que é unha iniciativa marabillosa por parte dos integrantes do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro. Estamos convencidos de que suporá un punto de partida no proceso de eliminación de prexuízos e estigmas en relación aos problemas de Saúde Mental, especialmente nas mais pequenas e pequenos”, afirma a Concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez.

A participación é aberta polo que poderá unirse á Andaina calquera persoa interesada. Xa está confirmada a participación de alumnado de diversos Centros Educativos da contorna, como o CEIP de Celeiro e o CPR Landro. As doazóns, a partir de tres euros, estarán destinadas a axudar no labor da Asociación Saúde Mental A Mariña, que este mes cumpre o aniversario da súa chegada a Viveiro.

A I Andaina Solidaria partirá este venres ás 11:30 horas, cunha ruta que comezará e rematará na Praza Maior de Viveiro e transcorrera polo Paseo da Variante, o Paseo Fluvial do Río Landro e o Monasterio da Nosa Señora de Valdeflores. No percorrido haberá instalados códigos QR elaborados polas rapazas e rapaces do Grupo de Participación Xuvenil nos que haberá información sobre a importancia da atención e dos coidados á Saúde Mental.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...