InicioOccidentalViveiroViveiro celebra este venres a I Andaina Solidaria organizada polo Grupo de...

Viveiro celebra este venres a I Andaina Solidaria organizada polo Grupo de Participación Xuvenil

"O obxectivo é por en valor a importancia da Saúde Mental entre as máis novas e novos", explica a alcaldesa María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro convida aos veciños e veciñas a sumarse este venres día 28, a partir das 11:30 horas, á I Andaina Solidaria organizada polas rapazas e rapaces do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro.

Co apoio do Concello de Viveiro e da Asociación Cultural Branque, o Grupo Xuvenil pon en marcha esta iniciativa con motivo do Día Internacional de Deporte polo Desenvolvemento e a Paz, que se conmemorou este mes.

“O obxectivo é por en valor a importancia da Saúde Mental entre as máis novas e novos”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A recadación das doazóns, a partir de tres euros, estarán destinadas precisamente a axudar no labor da Asociación Saúde Mental A Mariña que este mes cumpre o aniversario da súa chegada a Viveiro.

A I Andaina Solidaria comezará ás 11:30 horas cunha ruta que con inicio e chegada na Praza Maior de Viveiro e transcorrerá polo Paseo da Variante, o Paseo Fluvial do Río Landro e o Monasterio da Nosa Señora de Valdeflores.

No percorrido haberá instalados códigos QR elaborados polas rapazas e rapaces do Grupo de Participación Xuvenil nos que haberá información sobre a importancia da atención e dos coidados á Saúde Mental. Na Andaina participará o alumnado dos Centros Educativos da contorna.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...