InicioOccidentalViveiroViveiro acolle o 14 de maio unha das rutas do románico patrocinadas...

Viveiro acolle o 14 de maio unha das rutas do románico patrocinadas pola Deputación

A Deputación de Lugo ingresou no 2020 na Ruta da Transrománica, recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro forma parte do programa ‘Rutas polo Románico da Provincia de Lugo’ que organiza a Deputación. Por terceiro ano, esta iniciativa programa actividades gratuítas con motivo do Día da Transrománica que se celebra o día 9 de maio.

Viveiro está incluída na ruta guiada do domingo 14 de maio que comeza a 10:30 horas percorrendo o románico de Sober, visitando ás 11:00 horas Santa María de Meira e ás 16:30 horas o románico do Lugo rural e Guntín. Dende as 17:00 horas a visita centrarase nos tempos dourados de Afonso IX e nos vestixios medievais do Reino de Galicia que aínda conserva a vila.

Cada un dos itinerarios do programa conta cun máximo de 25 prazas.

“Con estas iniciativas estamos a por en valor o noso rico patrimonio cultural e artístico, e demostramos que Viveiro é un exemplo á hora de conservar e coidar o noso legado histórico”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

As inscricións poderán facerse na web http://inscricions.deputacionlugo.org dende este mesmo venres, 28 de abril, ata completar o aforo.

Para máis información, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 982.260.011 e 982.260.234, ou dirixirse ao correo electrónico romanico@deputacionlugo.org

A Deputación de Lugo ingresou no 2020 na Ruta da Transrománica, recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa, o que situou ao románico lucense no nivel máis alto de recoñecemento europeo.

A Ruta está recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa e trátase dunha das principais rutas culturais paneuropeas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...