InicioCulturaPresentación en Viveiro da curtametraxe "Reciprocum"

Presentación en Viveiro da curtametraxe “Reciprocum”

“Grazas a este labor en torno á temática da Igualdade e da violencia de xénero, fomentamos o pensamento crítico e a creatividade artística entre as persoas máis novas”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

A Sala Multiusos do Concello de Viveiro acolle este domingo, día 30, ás 18:00 horas, a presentación da Curtamentraxe “Reciprocum”.

Esta peza foi realizada dentro do Taller de Creación Audiovisual Igualdade e Violencia, organizado pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro, na aplicación dos Fondos do Pacto de Estado 2022.

O taller estaba dirixido a rapaces e rapazas e contou coa asistencia do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro, que foi o que elaborou a curtametraxe.

“Grazas a este labor en torno á temática da Igualdade e da violencia de xénero, fomentamos o pensamento crítico e a creatividade artística entre as persoas máis novas”, subliña a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“Esta actividade permitiulles á xente nova iniciarse na creación cinematográfica a través do taller que consistíu no desenvolvemento dunha producción audiovisual, traballando nos procesos necesarios para a creación dunha película de pouco metraxe e culminando coa realización do curto ‘Reciprocum’”, detalla  a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

A parte técnica foi dirixada por Martín Vazquez, que conta cunha traxectoria recoñecida dentro do mundo audiovisual como director e productor. Os seus traballos sempre acadan un grande éxito de crítica e premios como foi o caso da curtametraxe “The White Monster”, que gañou varios premios Mestre Mateo e dous galardóns no festival de Amity University na India.

Tamén a súa última obra, “Devoradora de nenos”, acaba de recibir un novo galardón polos seus efectos especiais no Festival Daganzo Trascámara en Madrid, ao que optaban 550 obras.

A idea da curta creada por estes rapaces e rapazas foi de Emily Castañeda xunto ao integrantes do grupo que compoñen: Dairobis Felix, Eva Fernández, Sheila VARELA, Aby Titine, Sergio Febrero, Candel Rial, Johana Esquivel, Mauro Bellas, Leidy Diana Pillaca e Mariana Ibañez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...