InicioOccidentalViveiroO Pastor Díaz acolle este mércores o acto de entrega do Premio...

O Pastor Díaz acolle este mércores o acto de entrega do Premio José Luis Alvite

O premio será entregado ao xornalista Ramón Pernas.

Publicada o

- Advertisement -

 O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acolle mañá mércores, ás 19:00 horas, o acto de entrega ao viveirense Ramón Pernas do Premio José Luís Alvite que lle concede a Asociación de Periodistas de Galicia (APG).

A cita contará coa presenza do Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, Román Rodríguez González, da alcaldesa, María Loureiro, xunto á presidenta da APG, María Méndez, e directivos da entidade. A entrega da oitava edición destes galardóns será conducida pola xornalista Juana Carrera.

O xurado do Premio José Luís Alvite concedeu ao xornalista, escritor e crítico literario Ramón Pernas esta distinción “pola súa longa e brillante traxectoria como articulista e columnista, ademais de ter exercido durante décadas, con éxito, o oficio de xornalista nas súas máis diversas vertentes, incluídos varios cargos de responsabilidade en medios de comunicación”.

Dende o Concello de Viveiro convidase á veciñanza a sumarse a esta homenaxe a Ramón Pernas nun acto que está aberto ao público

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...