InicioOccidentalViveiroViveiro convértese por uns días na capital galega do billar a tres...

Viveiro convértese por uns días na capital galega do billar a tres bandas

“Estamos moi felices de volver a acoller este Trofeo Cidade de Viveiro que reúne aos mellores xogadores de Galicia, unha cita dun deporte con moita tradición", afirma a alcaldesa María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolle estes días o Campionato Galego de Billar a tres bandas-II Trofeo ‘Cidade de Viveiro’ . A competición, que se disputa no Colexio Vello de Celeiro, está organizada polo Viveiro Club de Billar e conta coa presenza dos mellores xogadores galegos na actualidade, incluído o líder do ranquin autonómico Samuel García Ballesteros, do Billar Errantes.

“Estamos moi felices de volver a acoller este Trofeo Cidade de Viveiro que reúne aos mellores xogadores de Galicia, unha cita dun deporte con moita tradición e seguimento que dende o Concello apoiamos e promovemos”, afirma a alcaldesa María Loureiro.

En total serán corenta os xogadores que loitarán polo triunfo nas diferentes fases previas ata chegar á final deste Autonómico, que se celebra o sábado día 13 ás 19:30 horas. As partidas poden seguirse a través da canle de You Tube.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...