InicioOrientalRibadeoO Concello de Viveiro inicia as obras para mellorar o centro ocupacional...

O Concello de Viveiro inicia as obras para mellorar o centro ocupacional de Aspanane

O proxecto que xa se está a executar inclúe o acondicionamento do recinto exterior pechado que estará destinado ao lecer dos usuarios e usuarias de Aspanane.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa de que xa se están executando as obras de pavimentación e drenaxe dos exteriores do Centro Ocupacional de Aspanane (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro).

Grazas á xestión do goberno local, e en virtude do acordo asinado coa Deputación de Lugo, acométese esta actuación que terá un custe de preto de 50.000 euros, dos que a Deputación achega 44.242 euros, correspondendo o resto ao concello.

“Estas obras eran moi necesarias para eliminar os problemas de filtracións existentes. O noso compromiso coa directiva e xerencia de Aspanane é máximo, por iso continuamos apoiando todas as súas actividades, ao mesmo tempo que facilitamos o desenvolvemento do seu importante labor nas mellores instalacións posibles”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

O proxecto que xa se está a executar inclúe o acondicionamento do recinto exterior pechado que estará destinado ao lecer dos usuarios e usuarias de Aspanane.

As obras servirán para ampliar a zona asfaltada, permitindo a correcta circulación polo perímetro do edificio, e crearase unha ampla zona verde para conseguir espazos agradables.

O proxecto inclúe ademais a realización dunha drenaxe perimetral do edificio para evitar así as filtracións de auga no interior do inmoble.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...