InicioOccidentalViveiroO Teatro Pastor Díaz acolle este venres e o sábado o II...

O Teatro Pastor Díaz acolle este venres e o sábado o II Ciclo Sintonías de Primavera

Publicada o

- Advertisement -

O Teatro Pastor Díaz acolle mañá, venres, e o sábado a segunda edición do “Ciclo Sintonías de Primavera”, organizado pola Banda de Música ‘O Landro’ coa colaboración do Concello de Viveiro, a través da Concellería de Ensino.

As actuacións das diferentes bandas dividiranse en dous días cunha primeira xornada na que levantará o pano a Banda da Escola Municipal de Oleiros, a partir das 19:30 horas, seguida da Banda de Música ‘O Landro’ de Viveiro.

O sábado será a quenda da Banda de Música de Celanova a partir das 18:30 horas.

“Dende o Concello de Viveiro animamos a todos os veciños e veciñas da vila a desfrutar desta dobre xornada de música en directo da man de tres bandas que amosarán o seu talento sobre o escenario. Trátase dun plan perfecto para un fin de semana de lecer”, subliña Jesús Fernández, tenente de alcalde do Concello de Viveiro.

A entrada ao Teatro Pastor Díaz é libre ata completar aforo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...