InicioOccidentalViveiroBandeira azul para a praia de Area en Viveiro

Bandeira azul para a praia de Area en Viveiro

A praia de Area ten unha lonxitude de 1.200 metros de area branca e de ondada tranquila, con forma rectilínea e un conxunto dunar de grande interese paisaxístico.

Publicada o

- Advertisement -

Un ano máis, o Concello de Viveiro recibiu a notificación que certifica que a Praia de Area terá de novo a Bandeira Azul. Este distintivo de recoñecido prestixio outorgado pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) avala a calidade das súas augas e os servizos prestados, acreditando que a Praia de Area cumpre e mantén uns estritos criterios ambientais, educativos, de seguridade e de accesibilidade.

“A evolución dos datos de turismo en Viveiro no último ano e as perspectivas que  avanza o sector indican que vai ser un verán moi bo para a nosa vila, para a nosa hostalaría e o noso comercio. Estamos orgullosos de que a Praia de Area sexa un atractivo máis para atraer ao turismo de natureza e sostible que estamos a defender e polo que traballamos dende o primeiro día dende o Concello”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.

A praia de Area ten unha lonxitude de 1.200 metros de area branca e de ondada tranquila, con forma rectilínea e un conxunto dunar de grande interese paisaxístico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...