InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro repetirá o Rallye da Mariña esta fin de...

O Concello de Viveiro repetirá o Rallye da Mariña esta fin de semana

“É un pracer que Viveiro volva ser o centro neurálxico deste rallye que supón un dos acontecementos deportivos máis seguidos dos que acollemos ao longo do ano”, afirmou a alcaldesa María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolle esta fin de semana a quinta edición do Rallye da Mariña Lucense, un dos grandes acontecementos deportivos na costa lucense que se celebra durante a noite de mañá venres e o sábado día 13 e que foi presentado esta tarde en O Vicedo.

Viveiro, xunto a O Vicedo, Xove, Cervo, Ourol e Muras serán os escenarios polo que descorra esta terceira proba do Campionato Galego de asfalto que prevé reunir a máis de 15.000 fieis do automobilismo xunto a 85 pilotos de 36 escudarías, incluídos os grandes nomes deste deporte en Galicia como Víctor Senra e Alberto Meira.

Viveiro exercerá un ano máis de base deste rallye. O parque de traballo estará situado na Avenida Ramón Canosa, en Celeiro, nos viais ao redor da piscina e do parque de bombeiros coa chegada dos primeiros coches na xornada do venres. Pola súa banda, as verificacións técnicas e os reagrupamentos realizaranse no aparcadoiro Grallal na praia de Covas.

Ambas zonas sufrirán restricións e cortes de tráfico dende hoxe xoves, a partir das 23:00 horas, ata o sábado durante todo o día, mentres que quedará prohibido estacionar na explanada do pavillón xa dende as 21:00 horas de hoxe ata aproximadamente as 10:30 horas do sábado.

A cerimonia de saída será mañá venres, a partir das 20:00 horas, nas rúas da Praza Maior, onde de situará un podio polo que pasarán todos os participantes. Xa o sábado, a Travesía da Mariña acollerá tamén a cerimonia de chegada e a entrega de premios, que está previsto para as 23:30 horas.

Na Travesía prohibirase estacionar en ambas marxes da estrada dende as 16:00 horas de mañá ata o domingo ás 01:00 horas, mentres que a circulación estará interrompida o venres dende as 19:15 ata as 22:00 horas, e o sábado dende as 19:30 ata a 01:00 horas do domingo, aproximadamente.

“É un pracer que Viveiro volva ser a base e o centro neurálxico deste rallye que supón un dos acontecementos deportivos máis seguidos e con máis público dos que acollemos ao longo do ano”, afirmou a alcaldesa María Loureiro no acto desta tarde.

Dende o grupo de goberno apostamos polo deporte en todas as súas modalidades e estamos orgullosos de poder conxugar o que é a difusión de todas as súas disciplinas coa promoción turística do noso concello e do conxunto da Mariña”, engadiu a rexedora.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...