InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro pon en valor a Biblioteca Municipal con accións...

O Concello de Viveiro pon en valor a Biblioteca Municipal con accións como o Clube de Lectura Feminino

“Continuaremos a traballar para que a nosa biblioteca ofreza mais e mellores e servicios, que sen dúbida algunha xa o fai, pero sempre se debe mellorar”, reitera Lara Fernández Fernández-Noriega.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro pon en valor o traballo que se está a realizar dende a Biblioteca Municipal como referente a nivel comarcal tanto polas súas magníficas instalacións como polas numerosas iniciativas que acolle e que promove ao longo dos doce meses do ano.

Entre estas propostas destaca o Clube de Lectura en Feminino que modera e apadriña a actriz galega Estibaliza Veiga que, co obxectivo de mellorar e darlle maior dinamismo, facilitou neste último ano os encontros directos coas autoras dos libros cos que se está a traballar.

Deste xeito, e a prol dunha cultura en igualdade, as súas compoñente puideron conversar e compartir as súas impresións tanto a nivel presencial como a nivel telemático con escritoras como Rosa Coba, autora de “Pornografía”, Juana Gallego, sobre “Putas de Película”, María Rosa Lojo, co libro “Fisterra”, Vanessa Santiago, autora de “A vida sinxela de Marcelo Filamento”, así como con María Solar co libro “A Culpa” e Camila Sosa Villada con “Las Malas”. O seguinte encontro será o día 30 deste mes con Estíbaliz Espinosa e a súa obra “Zooommm”.

“Parécenos unha iniciativa moi nutritiva tanto para as autoras, que deste xeito poden establecer contacto directo co seu público, como para as lectoras que poden entender por que a autora escribiu dese xeito o seu libro”, destaca a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“Ademais disto, co Clube de Lectura empoderamos as figuras das mulleres escritoras, escritoras tamén en galego, porque nos parece imprescindible seguir loitando pola visibilización da muller en todas as áreas, e neste caso a nivel cultural”, subliña a concelleira de Cultura e Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega.

“Seguiremos a traballar tanto para seguir plantando semente nos mais pequeniños para que sigan acudindo, como ata o de agora, a todos os eventos que propoñemos porque contamos cun gran número de participación sempre, como intentando aportar novas iniciativas”, engade a concelleira que adianta a posta en marcha dunha nova actividade para Viveiro baixo o título  “A Biblioteca sae á rúa”.

“Continuaremos a traballar para que a nosa biblioteca ofreza mais e mellores e servicios, que sen dúbida algunha xa o fai, pero sempre se debe mellorar”, reitera Lara Fernández Fernández-Noriega.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...