InicioOccidentalViveiroO documental "Viveiro a través do tempo" estrearase a comezos de xuño...

O documental “Viveiro a través do tempo” estrearase a comezos de xuño no Pastor Díaz

"Viveiro a través do tempo”, unha peza dos curmáns David e Diego de Bartolomé que recolle os 900 nos de historia da vila e que conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación.

Publicada o

- Advertisement -

O Teatro Pastor Díaz acolle o venres 2 e o sábado 3 de xuño, ás 20:30 horas, a esperada estrea da primeira e segunda parte do documental “Viveiro a través do tempo”, unha peza dos curmáns David e Diego de Bartolomé que recolle os 900 nos de historia da vila e que conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación.

Esta obra, que se comezou a artellar no ano 2018 e que sufriu diferentes cambios por mor da pandemia, naceu coa idea de que “crear un proxecto documental que englobara a historia de Viveiro contada polos seus veciños e por residentes” coa participación de máis de cen persoas e con numerosa documentación de fotografías, gravacións e entrevistas persoais.

A alcaldesa María Loureiro, e incluso unha sentida homenaxe dos seus fijos Melchor e Iván Roel ao finado alcalde Melchor Roel, xunto ao presidente da Xunta de Cofradias, José Veiga, e artistas como Alfonso Otero Regal, David Catá, ou o olímpico Adrián Ben forman parte deste minucioso relato.

“Viveiro é o protagonista, pero a súa xente ten moitas voces interesantes”, subliñan os seus autores que insistente en que “non se pode contar unha historia de máis de 900 anos como esta nunha película nin en dúas, pero comezamos por aquí”.

“Estamos realmente desexando poder desfrutar destes documentais. Somos conscientes do laborioso traballo que levaron a cabo, das dificultades que tiveron que superar, pero co talento que teñen e o amor que amosan sempre por Viveiro, estou convencida de que o resultado será asombroso”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

“Foi un proceso difícil pero fascinante, porque Viveiro e a súa historia e historias parecen ser ilimitadas en anécdotas e momentos extraordinarios”, engade David de Bartolomé, que deixa aberta a posibilidade de continuar o documental cunha terceira parte ademais de adiantar a publicación dun libro que recompila todo o proceso de creación do proxecto, con material descartado, guión e imaxes non vistas nas películas, así como a edición dos documentais en DVD y Blu Ray. O proxecto non ten ánimo de lucro e realizouse con fins totalmente culturais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...