InicioOccidentalViveiroA praia de Covas de Viveiro será escenario da primeira bandeira de...

A praia de Covas de Viveiro será escenario da primeira bandeira de Traiñeiras Deputación Lugo

Publicada o

- Advertisement -

O Club de Remo de Celeiro organiza este sábado, coa colaboración do Concello de Viveiro, a primeira Bandeira de Traiñeiras Deputación de Lugo, que comezará ás 17:00 horas.

Esta primera edición da Bandeira de Traíñeiras pertence á Liga Galega de veteranos. Será a primeira vez que o Club de Remo Celeiro compita nunha regata de traiñeiras como anfitrión, dando un paso máis cara a súa consolidación como unha referencia no remo lucense, sendo o único clube da provincia nesta modalidade.

O campo de regatas do sábado terá unha distancia total de 3.500 metros, distribuídos en catro tandas duns 875 metros. Nel competirán varios dos mellores clubes desta disciplina en Galicia, como os de Meira (Moaña), Chapela, Tirán, Esteiro, Rianxo ou Cesantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...