InicioOccidentalViveiroPercorridos polos miradoiros de Viveiro organizados polo Concello

Percorridos polos miradoiros de Viveiro organizados polo Concello

O programa constará dun total de 8 xornadas con percorridos diferenciados, pero sempre permitindo desfrutar dunhas espectaculares vistas do municipio dende as distintas perspectivas que proporcionan as elevacións que rodean o val do Landro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro levará a cabo un programa de rutas polos miradoiros da localidade nas fins de semana deste mes de xuño. Nestes percorridos darase a coñecer a importancia natural e paisaxística da vila.

O programa constará dun total de 8 xornadas con percorridos diferenciados, pero sempre permitindo desfrutar dunhas espectaculares vistas do municipio dende as distintas perspectivas que proporcionan as elevacións que rodean o val do Landro.

Estas actividades, que terán lugar os sábados e domingos deste mes, teñen un carácter gratuíto, sendo só necesaria a reserva previa a través do correo electrónico viveirovisitas@gmail.com. No mesmo correo tamén se poderán consultar calquera información adicional, como a distancia e a dificultade dos itinerarios.

Con este programa de percorridos polos montes que rodean Viveiro, o Concello busca ofrecer a oportunidade, tanto á poboación local como a visitantes, de gozar das panorámicas do municipio e a súa contorna, e tamén do valor natural e a historia dos miradoiros viveirenses.

As rutas que se celebrarán ao longo do mes serán as seguintes:

-Sábado 3 de xuño, Monte Faro. Inicio no aparcadoiro da Praia de Area ás 11:00.

-Domingo 7 de xuño, Penalba. Inicio na Confraría de Pescadores de Celeiro ás 16:30.

-Sábado 10 de xuño, Monte San Roque. Inicio na estación de autobuses ás 11:00.

-Domingo 11 de xuño, Penedo do Galo. Inicio na estación de autobuses ás 16:30.

-Sábado 17 de xuño, Monte Castelo. Inicio na Feira (Galdo) ás 11:00.

-Domingo 18 de xuño, Seixos Brancos. Inicio na Feira (Galdo) ás 16:30.

-Sábado 24 de xuño, Cova da Doncela. Inicio nos Castelos (Praia de Covas) ás 11:00.

-Domingo 25 de xuño, Pena Lobateira. Inicio no Curro do Candaoso (San Andrés de Boimente) ás 16:30.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...