InicioOccidentalViveiroViveiro mostrará o seu potencial turístico na 45ª Feira Internacional Semana Verde...

Viveiro mostrará o seu potencial turístico na 45ª Feira Internacional Semana Verde Galicia

O concello manterá por outra parte diferentes reunións con turoperadores e profesionais do sector turístico, moi interesados nos atractivos de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro estará representado desde mañá e ata o domingo na 45º Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebrará en Silleda.

O concello promocionará o atractivo histórico e paisaxístico de Viveiro e a súa gastronomía. Ademais, o venres ofrecerá unha degustación gratuíta de merluza do pincho do Celeiro en empanada e Pan dos Apóstoles (doce típico de Semana Santa).

O concello manterá por outra parte diferentes reunións con turoperadores e profesionais do sector turístico, moi interesados nos atractivos de Viveiro.

Desta forma, o Concello de Viveiro continúa co seu labor de promoción turística nas principais feiras do sector, cun éxito que se ve reflictivo no número de visitantes que chegan cada ano á vila.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...