- Advertisement -
O Concello de Viveiro instalou nos últimos días varios balizamentos e barreiras de seguridade na estrada que une Escourido coa praia de Abrela.
Estes elementos foron instalados nunha lonxitude de 92 metros da estrada, na súa marxe dereita, en dirección á praia de Abrela.
A instalación realizouse coa fin de garantir a seguridade viaria nesta zona.