InicioOccidentalViveiroEntregados en Viveiro os Premios Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023

Entregados en Viveiro os Premios Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023

“Dende o Concello de Viveiro agradecemos a boa acollida do certame, traslando os nosos parabéns a todos os participantes”, sinala Lara Fernández, concelleira de Cultura en funcións.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro entregou hoxe os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 na súa categoría B (de 9 a 11 anos).

Os mellores debuxos foron os de Blanca Ínsua Prieto, Irene Lago-Orcazberro López e Carlota Oroza Díaz.

Respecto ás narracións, as mellores foron as de Carlota Oroza Díaz, Inés Mariño Gómez e Diego Ávalos Gato. Os nenos e nenas estudan no Colexio Lois Tobío de Viveiro.

“Dende o Concello de Viveiro agradecemos a boa acollida do certame, traslando os nosos parabéns a todos os participantes; tamén agradecemos a colaboración dos centros educativos nestas iniciativas”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura en funcións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...