InicioOccidentalXoveViveiro anuncia unha modificación do tráfico na rúa Lavandeiras desde o luns...

Viveiro anuncia unha modificación do tráfico na rúa Lavandeiras desde o luns polo Resurrection

A modificación será efectiva dende as 8:00 do luns día 26 de xuño ata as 8:00 do martes 4 de xullo, xa rematado o célebre festival.

Publicada o

- Advertisement -

Con motivo da montaxe e posterior celebración e desmontaxe do Resurrection Fest, o Concello de Viveiro anunciou unha modificación do tráfico da rúa Lavandeiras, dende a conserveira ata o pósito, en dobre sentido de circulación.

A modificación será efectiva dende as 8:00 do luns día 26 de xuño ata as 8:00 do martes 4 de xullo, xa rematado o célebre festival.

Con motivo deste cambio, a Policía Local agradece aos condutores que non estacionen o seu vehículo na zona afectada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...