InicioOccidentalViveiroViveiro destaca o grande impacto do Resurrection 2023 sobre a economía local

Viveiro destaca o grande impacto do Resurrection 2023 sobre a economía local

“Quero agradecer o esforzo e o traballo da organización do festival, e Viveiro estivo unha vez más á altura, durante uns días de festival moi positivos para sectores como a hostalería, o comercio e os hoteis”, afirma a alcaldesa, María Loureiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro destaca a repercusión internacional e o impacto positivo sobre a economía local da edición 2023 do Resurrection Fest.

“Quero agradecer o esforzo e o traballo da organización do festival, e Viveiro estivo unha vez más á altura, sendo un pobo acolledor durante uns días de festival moi positivos para sectores como a hostalería, o comercio e os hoteis”, afirma a alcaldesa, María Loureiro

Loureiro agradece “a colaboración de todos os veciños e veciñas, sobre todo os de Celeiro, que viron alterada a sua rutina”.

O concello destaca a elevada asistencia de público e que, como regra xeral, o desenvolvemento do festival transcorreu segundo o previsto, tanto nos accesos e saídas como no interior do recinto.

Tras o remate da edición máis longa e multitudinaria do festival, o goberno municipal valora polo tanto moi positivamente a súa repercusión na economía local e destaca a alta ocupación hoteleira non só en Viveiro, senón tamén na comarca.

Dende o Concello de Viveiro quérese agradecer publicamente a todos os corpos e forzas de seguridade, bombeiros e Protección Civil, polo traballo e esforzo realizados, así como o traballo das voluntarias que atenderon o punto violeta do Resurrection Fest.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...