InicioOccidentalViveiroComeza a Feira Renacentista de Viveiro que durará até o domingo

Comeza a Feira Renacentista de Viveiro que durará até o domingo

"Outra cita importante de verán en Viveiro, da que disfrutan milleiros de persoas", afirma a alcaldesa,  María Loureiro, que destaca "o impacto positivo na hostalería e o comercio local".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebra unha vez máis a súa tradicional feira renacentista. O evento comeza este xoves 6 de xullo, e rematará o vindeiro domingo, 9 de xullo. 

Esta tradicional cita do verán viveirense, celebrada a continuación do Resurrection Fest, contará con decenas de actividades cada día. O Concello anima á veciñanza a vestir os seus traxes renacentistas para a ocasión. 

“Outra cita importante de verán en Viveiro, da que disfrutan milleiros de persoas”, afirma a alcaldesa,  María Loureiro, que destaca “o impacto positivo na hostalería e o comercio local”.

Entre as actividades que se celebrarán destaca a representación do gran desembarco de Carlos V, que terá lugar o venres día 7 ás 20:00 na praia de Covas.  

Haberá tamén numerosos postos de comida, obradoiros, e tamén un tío vivo e unha cama elástica ubicados na praza da Igrexa, entre outras moitas actividades. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...