InicioOccidentalViveiroViveiro resalta o éxito do Mercado Renacentista e o impacto positivo na...

Viveiro resalta o éxito do Mercado Renacentista e o impacto positivo na economía do concello

O Concello de Viveiro traslada o seu agradecemento a entidades como Sala 5 ou á Banda de Tambores da Piedade pola súa colaboración.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro realiza un balance moi positivo do Mercado Renacentista, que se celebrou na localidade dende o pasado xoves e rematou onte, domingo 9 de xullo.

“O Mercado Renacentista supón, tras o Resurrection Fest, un importante impulso para a economía de Viveiro no mes de xullo, unha cita xa consolidada como un referente de ocio e turismo”, recalca a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

O sector servizos, as perruquerías, as costureiras e o comercio en xeral tiveron moita actividade, cumprindo o noso obxectivo cando decidimos no concello que o mercado fora no mes de xullo e uns días despois do Resurrection”, engade Loureiro, que adianta “un mes de agosto moi bo, as previsións de ocupación son altas”.

Esta 14ª edición do mercado, organizada polo Concello de Viveiro, contou cun amplo programa de actividades e espectáculos con opcións para distintas idades, alén dos tradicionais postos do mercado. A cita estivo marcada polo desembarco de Carlos V, celebrado o pasado venres, e que supón un dos puntos diferenciadores desta festa de recreación histórica.

Dende o Concello de Viveiro agradécese a participación de todas as persoas que se achegaron á celebración, na súa maioría con traxes de época. Tamén traslada o seu agradecemento a entidades como Sala 5 ou á Banda de Tambores da Piedade pola súa colaboración.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...