InicioOccidentalTres feridos tras chocar un coche contra un muro en Viveiro

Tres feridos tras chocar un coche contra un muro en Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

Tres persoas tiveron que ser evacuadas a un centro hospitalario tras chocar o seu vehículo contra un muro na entrada da localidade lucense de Viveiro.

Segundo informou o 112, pasadas as 00,00 horas varias persoas alertaban á central de emerxencias sobre este accidente. O primeiro, unha persoa que se atopaba no lugar, explicaba que un coche acababa de chocar contra o muro dunha ponte situada na LU-862, á altura da entrada o municipio.

Pouco despois, rexistrábase unha chamada a través do sistema de alerta de accidente do vehículo accidentado, o E-Call. Mentres que un dos ocupantes conseguira saír, os outros dous permanecían feridos o interior.

Con esta información, os operadores do 112 mobilizaron ata o lugar ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, a axentes da Garda Civil de Tráfico e a membros de Protección Civil. Finalmente, os tres ocupantes do vehículo foron trasladados ao centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios desprazados ata o lugar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...