InicioEconomíaA alcaldesa de Viveiro anima a usar a nova APP do comercio...

A alcaldesa de Viveiro anima a usar a nova APP do comercio local

Publicada o

- Advertisement -

Baixo o lema ‘Únete ao Club do Comercio Local, Descobre a APP +Top e Goza de todas as súas vantaxes’, a Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro presentou onte a súa nova APP de fidelización de clientes, ‘ViveiroCCH’.

“Unha nova aposta pola modernización e a dixitalización da asociación, que da outro novo paso para adaptarse aos novos tempos”, asegura a alcaldesa, María Loureiro, que anima aos veciños “a utilizar a APP”. Sorteos, concursos, premios, promocións exclusivas, acumulación de saldo, tarxetas regalo e moito máis nunha única aplicación do comercio local.

Desde a asociación destacan que esta nova plataforma de fidelización dispón de múltiples funcionalidades, tanto para clientes como para asociados, e que será unha ferramenta moi útil para seguir avanzando na dixitalización do comercio local.

A través desta aplicación os comerciantes poderán realizar ofertas, promocións, crear sorteos ou concursos, xerar Tarxetas Regalo para os clientes, acumular saldo coas compras realizadas, e crear campañas circulares creando sinerxias con outros negocios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...