InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro recibe a titularidade de varios predios xunto ao...

O Concello de Viveiro recibe a titularidade de varios predios xunto ao paseo marítimo

Loureiro reunirase cos veciños da zona para explicarlles a tramitación e as xestións que houbo que facer, así como as actuacións que ten previsto facer o concello na explanada da variante e o resto das parcelas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de viveiro consigue a titularidade de varias parcelas ubicadas nas inmediacións do paseo marítimo, entre elas a explanada da variante. Despois de varios anos de xestións e trámites, a alcaldesa María Loureiro asinou co Goberno do Estado o documento de cesión das parcelas.

Nos próximos días, Loureiro reunirase cos veciños da zona para explicarlles a tramitación e as xestións que houbo que facer, así como as actuacións que ten previsto facer o concello na explanada da variante e o resto das parcelas.

Loureiro agradece “a receptividade e a colaboración do goberno para acadar por fin un acordo de cesión, moi beneficioso para Viveiro”. Neste sentido, cabe subliñar o importante e arduo traballo que se leva facendo dende o concello, resultando un proceso máis longo do inicialmente esperado que puido chegar á cesión final grazas á preocupación e insistencia do concello.

Ademais de tratarse dun proceso longo, requeriu da intervención de varias administracións pero, finalmente, permitiu que o concello conte coa titularidade dos terreos afectados e poida definitivamente proceder ao arranxo das zonas obxecto de cesión.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...