InicioOccidentalViveiroAcordo PSOE-BNG en Viveiro para formar goberno local

Acordo PSOE-BNG en Viveiro para formar goberno local

Publicada o

- Advertisement -

María Loureiro e Míriam Bermúdez valoran positivamente o acordo asinado que supón o inicio dunha nova etapa cun novo goberno, que traballará para atender coa man tendida á veciñanza e coa máxima transparencia.

O goberno bipartito valorou a necesidade de traballo e proxectos que precisa Viveiro, estudando un acordo que permita mellorar a capacidade de traballo que require un Concello como Viveiro, con multitude de servizos públicos e unha elevada dispersión poboacional.

Aínda que a lei predispoña e permita 7 dedicacións para Viveiro, o bipartito acordou nesta nova etapa de goberno un total de 4 dedicacións exclusivas, mais en realidade é como si estivésemos a falar de tan só 3, pois tanto PSOE como BNG estiveron dacordo en axustar os seus soldos para poder liberar unha persoa máis sen que esta supoña un incremento nos gastos municipais.

Do total das 4 asignacións, 2 serán para áreas que xestionará o PSOE: alcaldía, urbanismo e seguridade cidadá, terá unha asignación de 43.500€ e a de economía e facenda, mar, participación cidadá, educación e centros socioculturais, será de 31.200€. As outras 2 serán para as áreas do BNG, que manterán os mesmos soldos que tiñan nos seus postos de traballo: tenencia de alcaldía, obras, infraestruturas e mantemento no medio rural, parques e xardíns, cemiterio, mobilidade, accesibilidade e medio ambiente será de 41.000€ e a área de emprego, promoción económica, comercio e mercados, con 21.000€.

A Xunta de Goberno complétase con Juan Ramón Martínez Castro, que asume a área de de medio rural, saneamento e abastecemento de auga, sector forestal e mantemento de espazos e zonas verdes, e con Lara Fernández Fernández-Noriega que atenderá as áreas de de benestar social, inclusión e cohesión social, servizos culturais e dinamización cultural, sanidade, infancia, muller e igualdade.

Así mesmo, establécense dúas comisións delegadas para María Soledad Rey Yáñez, continuando na xestión da área de turismo e Eleazar José Rodríguez Abuín, na área de deportes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...