InicioOccidentalViveiroA VI Edición do Ether-An Electronic Odyssey celebrarase en Viveiro os días...

A VI Edición do Ether-An Electronic Odyssey celebrarase en Viveiro os días 28 e 29 de xullo

O cartel da edición de 2023 busca ampliar a oferta de artistas que se acheguen á cidade do Landro, iso si, sen deixar de ser unha plataforma para os e as novas DJs da electrónica europea.

Publicada o

- Advertisement -

O festival Ether-An Electronic Odyssey en Viveiro estrea localización para o seu sexto encontro. Será no Xardín do Pazo da Misericordia entre os días 28 e 29 de xullo.

Os artistas que conformaron a súa presenza neste VI Ether-An Electronic Odyssey son Annē, Varya Karpova, Hertz Collision, Isma B, Karras Martinez, Leo Meizoso, Llonas, Amiga, Cessabit, Edmuk JP e Gonzalo Smaniotto.

O cartel da edición de 2023 busca ampliar a oferta de artistas que se acheguen á cidade do Landro, iso si, sen deixar de ser unha plataforma para os e as novas DJs da electrónica europea. Por outra parte, o Ether 2023 ofrece dúas posibilidades para dous tipos de público: os Etherkids e o festival de música. Os Etherkids son actividades de lecer para os pequenos que buscan o lado creativo das crianzas coa música electrónica como centro da súa creatividade. A segunda opción é o propio festival de música para o sábado 29 de xullo. Espérase a coa presenza de artistas nacionais e internacionais sobre todo dos estilos Techno, House e Electro.

A entrada é gratuíta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...