InicioOccidentalViveiroMúsica electrónica en Viveiro para esta fin de semana co festival Ether

Música electrónica en Viveiro para esta fin de semana co festival Ether

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolle esta fin de semana a sexta edición do festival de música electrónica Ether no parque do Pazo da Misericordia, con presenza de artistas nacionais e internacionais de techno, house e disco. A entrada seguirá sendo gratuíta para que todo o mundo poda desfrutar do evento.

O festival aposta de novo por un cartel moi completo en canto a artistas e variedade de estilos. Despois da xornada de obradoiros e actividades para nenos Etherkids, o Ether propiamente dito comeza a partir das 15:00 do sábado 28 de xullo

O evento foi presentado pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e os organizadores do festival, que convertirá ao concello na capital da música electrónica en Galicia.

“Dentro da nosa programación cultural, variada e para todas as idades, chega agora a quenda do festival Ether, xa unha referencia para os afeccionados á música electrónica”, afirma a alcaldesa.

Entre os e as artistas cuxo espectáculo se poderá desfrutar nesta nova edición do festival están Anne, Varya Karpova, Hertz Collision, Isma B, Karras Martínez, Leo Meizoso, Llonas, Amiga, Cessabit, Edmuk JP ou Gonzalo Smaniotto.

O Pazo da Misericordia, nova ubicación do festival logo de que a edición anterior tivese lugar nos xardíns Noriega Varela, foi inaugurado o 29 de xullo de 1603, coincidindo a edición do festival co 420 aniversario do Pazo. Por outra banda, o nome do festival Ether está inspirado na derradeira serie de cadros de Maruja Mallo, a artista máis recoñecida de Viveiro, titulada ‘Los viajeros del ether’.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...