Atopan de madrugada a un ancián perdido en Viveiro

Vehículo da Garda Civil. AXM

Un ancián foi rescatado en Viveiro tras denunciar os seus familiares a súa desaparición, segundo informou a Europa Press o servizo de emerxencias 112.

A chamada de alerta recibiuse o día 1, ás 23,20 horas, por parte dun familiar que comunicaba a ausencia do home do seu domicilio. Desde o 112, alertouse á Garda Civil, a Policía Nacional e tamén participaron servizos sanitarios, ademais de Protección Civil e da Policía Local.

Sobre as doce e media da noite, desde Protección Civil comunicaron que o home fora localizado nun prado e que necesitaban unha ambulancia para un recoñecemento. O home foi localizado en bo estado, aínda que con algo de hipotermia, e foi trasladado á PAC.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here