InicioOccidentalViveiroGrande afluencia turística e alta ocupación turística no mes de xullo en...

Grande afluencia turística e alta ocupación turística no mes de xullo en Viveiro

A alcaldesa, María Loureiro destaca tamén que “xullo comezou co Resurrection Fest e despois celebramos o Mercado Renacentista, o que impulsou a ocupación”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro deixa atrás un mes de xullo cunhas cifras turísticas espectaculares, reflictidas na ocupación hoteleira, as visitas á Oficina de Turismo e o impacto no sector servizos.

“A aposta de promoción turística dos últimos anos da os seus froitos, cunha cifras de visitantes moi elevadas”, explica a alcaldesa, María Loureiro, que destaca tamén que “xullo comezou co Resurrection Fest e despois celebramos o Mercado Renacentista, o que impulsou a ocupación”.

Segundo os datos do sector, a ocupación hoteleira mantívose todo o mes entre o 80 e o 100%. A estes datos hai que unir os 532 apartamentos turísticos privados con actividade en Viveiro.

A Oficina de Turismo recibiu en xullo a 4.415 persoas, 4.014 de España e 401 estranxeiras. Hai que ter en conta que coa posta en marcha por parte do concello de ferramentas dixitais de información a través da APP e o QR, hai moitos visitantes que xa non necesitan pasar pola oficina.

“As visitas guiadas están sendo un gran éxito, cun mínimo de 30 persoas en cada unha delas e moita demanda”, engade Marisol Rey, concelleira de Turismo.

Esta masiva chegada de visitantes está tendo un gran impacto sobre o comercio e a hostalería, e as previsións que manexa o concello para o mes de agosto son tamén moi boas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...