InicioOccidentalViveiroViveiro programa máis de dúas semanas de programación para as súas festas...

Viveiro programa máis de dúas semanas de programación para as súas festas locais

“Estas festas serán, un ano máis, un lugar de encontro para os veciños de Viveiro, os familiares que viven fóra o resto do ano e os turistas que chegan á nosa vila”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.  

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro deu xa comezo á programación das súas festas patronais 2023, que encherán o municipio de concertos, pasarrúas, actividades e espectáculos de todo tipo.  

“Estas festas serán, un ano máis, un lugar de encontro para os veciños de Viveiro, os familiares que viven fóra o resto do ano e os turistas que chegan á nosa vila”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.  

“Como cada ano, buscamos unha programación ecléctica para cubrir os gustos de toda a veciñanza, apostando pola cultura local e feita en Galicia, pero traendo tamén artistas do panorama nacional”, afirma pola súa parte a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega. 

As festas comezan xa coa celebración dunha nova edición da Mostra Folclórica Internacional, e na vindeira semana do 7 de agosto acollerá diversos festivais, concertos e pasarrúas, ademais do karaoke ‘Viveiro Canta’.   

A lectura do pregón chegará o luns 14 de agosto, da man de David Catá. O artista multidisciplinar nado en Viveiro dará o pregón dende o balcón da Biblioteca Municipal ás 13:00 horas, e estará acompañado pola Banda de Música O Landro de Viveiro e a Banda Tau.  

Entre os concertos máis destacados destas festas están os de Xosé Lois Romero e Aliboria o luns 14 de agosto ás 22:30, o de Lamatumbá o mércores 16 ás 22:00, ou o de Budiño o venres 18 ás 22:30, todos eles na praza Maior.  

Finalmente, o sábado 19 de agosto, os xardíns Noriega Varela acollerán o Día da Cativada, con actividades para os nenos e nenas. Ese mesmo día terá lugar a representación do Teatro dos Irmáns Álvarez Quinteiro de balde no Teatro Pastor Díaz ás 20:30, e tamén o espectáculo de música e fotografías “60’ en +” da Asociación Fotográfica Os Negativos na praza Maior ás 22:30. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...