InicioOccidentalViveiroViveiro recibe os nenos saharauís acollidos por familias da vila

Viveiro recibe os nenos saharauís acollidos por familias da vila

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Benestar Social, Lara Fernández Fernández-Noriega, recibiron no concello ás dúas nenas e o neno saharaui, aos que agasallaron con material escolar e didáctico.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro sumouse este ano de novo á iniciativa ‘Vacacións en Paz’, o proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Benestar Social, Lara Fernández Fernández-Noriega, recibiron no concello ás dúas nenas e o neno saharaui, aos que agasallaron con material escolar e didáctico.

Dende o goberno local levamos moito tempo comprometidos con este proxecto. Cremos que a solidariedade e a cooperación son parte das nosas responsabilidades, ao tempo que vemos nesta iniciativa unha oportunidade tamén para achegarnos e aprender de culturas diferentes”, subliña a alcaldesa, Maria Loureiro García.

En concreto, Viveiro forma parte desde 1996 desta iniciativa solidaria que permite ás familias saharauís a posibilidade de que as súas fillas e fillos gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras da vila.

“Trátase dunha experiencia de convivencia única e tremendamente enriquecedora, tanto para os nenos acollidos, como para as familias que os acollen”, engade Lara Fernández Fernández-Noriega.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...