InicioOccidentalViveiroInaugurada o X 'Festival Bal y Gay' cun concerto da Real Filharmonía...

Inaugurada o X ‘Festival Bal y Gay’ cun concerto da Real Filharmonía de Galicia en Viveiro

Foi a primeira das 14 actuacións previstas ata o 24 de agosto no evento, referente de música clásica en España polas súas excelentes propostas artísticas en espazos emblemáticos da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) inaugurou a décima edición do ‘Festival Bal y Gay’ este xoves 10 de agosto no Teatro Pastor Díaz de Viveiro con todas as entradas esgotadas. A prestixiosa orquestra, emblema cultural da comunidade galega con máis de 25 anos de historia, estivo dirixida por Maximino Zumalave con Adriana Winkler como concertino e 45 músicos sobre o escenario.

A RFG, que abriu o festival por cuarto ano consecutivo tras debutar en 2020, comezou a súa actuación coa ‘Oda a Don Quixote’ de Xesús Bal y Gay como homenaxe á figura do crítico, musicólogo, compositor e profesor lucense. Posteriormente, ofreceu ‘Pulcinella (suite, rev. 1949)’ de Igor Stravinsky e a ‘Sinfonía nº. 40 en Sol Menor’ de Wolfgang Amadeus Mozart como obra final do programa.

Foi a primeira das 14 actuacións previstas ata o 24 de agosto no evento, referente de música clásica en España polas súas excelentes propostas artísticas en espazos emblemáticos da Mariña. Preto de 4.000 espectadores acudirán aos seus concertos nas próximas dúas semanas.

ALFOZ

Kebyart, talentoso cuarteto de saxofones e un dos grupos máis prometedores da escena musical actual, protagonizará a segunda xornada do décimo ‘Festival Bal y Gay’ coa súa actuación prevista para este sábado 12 de agosto no Castelo de Castro de Ouro en Alfoz (20:30 horas) con todas as entradas esgotadas. Pere Méndez (saxo soprano), Víctor Serra (saxo alto), Robert Seara (saxo tenor) e Daniel Miguel (saxo barítono) ofrecerán obras de Mozart, Shostakovich, Widmann e Pérez-Villegas.

A recoñecida formación, creada en 2014, realizou máis de 200 concertos con xiras por Europa e Asia. Kebyart visitará A Mariña para concluír unha tempada 22-23 repleta de grandes escenarios como o Tonhalle de Zürich, o Wigmore Hall de Londres, a Stiftung Mozarteum de Salzburgo, o Stadtcasino de Basilea ou festivais como Lockenhaus, Heidelberger Frühling e a Schubertiada de Vilabertran.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...