InicioOccidentalViveiroO artista Roque B. Fanego ofrece en Viveiro un obradoiro de debuxo...

O artista Roque B. Fanego ofrece en Viveiro un obradoiro de debuxo ao natural

Publicada o

- Advertisement -

O artista viveirense Roque B. Fanego amosa a súa obra na exposición “Lembranzas do camiño” ata o vindeiro sábado 19 na sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro.

O motivo da mesma tamén compartirá a súa arte e coñecemento de xeito solidario e ao vivo cun obradoiro de debuxo ao natural, este mesmo xoves 17 de 12:00 a 13:30h nun espazo que convida ao debuxo como é o Adro da Igrexa de Santa María de Viveiro.

O artista recorda que o obradoiro vai dirixido a persoas maiores dos 12 anos. Será de balde e as persoas inscritas deberán levar un Bloc de debuxo, lápices 5B e 6B,goma de borrar, afila e difumino; e quen dispoña de cabalete tamén o poderá levar para a súa comodidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...