InicioOccidentalViveiroViveiro prohibe o baño na praia de Celeiro

Viveiro prohibe o baño na praia de Celeiro

Os resultados microbiolóxicos obtidos en tres dos últimos catro anos, o período no cal o areal foi incluído no programa de vixilancia sanitaria, obrigan á prohibición do baño por non ter acadado os requisitos mínimos nesas tempadas pasadas. 

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informou á veciñanza sobre a eliminación da praia de Celeiro do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia impulsada pola Consellería de Sanidade. Este feito implica a prohibición do baño nesta praia. 

A pesar de que a última analítica realizada na auga sinala que esta é apta para o baño, os resultados microbiolóxicos obtidos en tres dos últimos catro anos, o período no cal o areal foi incluído no programa de vixilancia sanitaria, obrigan á prohibición do baño por non ter acadado os requisitos mínimos nesas tempadas pasadas. 

A eliminación desta zona de baño do programa de vixilancia da Consellería de Sanidade implica que esta deixará de facer un seguemento desta praia nas próximas tempadas de baño, debendo o Concello colocar carteis indicando a prohibición de bañarse. 

Dende o Concello informarase tamén aos usuarios da praia do resultado das últimas analíticas mediante a colocación de carteis no propio areal, para que estes teñan coñecemento da situación actual da calidade da auga. 

Así mesmo, e tendo en conta as obras de mellora realizadas na EDAR de Celeiro e no emisario, dende o Concello de Viveiro solicitarase de novo a inclusión da praia de Celeiro no Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...