InicioOccidentalViveiroA cativada de Viveiro terá o seu día nas Festas Patroñais este...

A cativada de Viveiro terá o seu día nas Festas Patroñais este sábado

O Concello de Viveiro acolle esta fin de semana unha nova edición do seu torneo 3x3 Urbanbasket Viveiro. Haberá dúas categorías, masculina e feminina, cun total de 3.000€ en metálico en premios. 

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anuncia que mañá, sábado 19 de agosto, dentro da Programación das Festas Patronais, terá lugar o Día da Cativada con actividades para o público infantil que darán comezo ás 17.00 horas na explanada de Lodeiro.

“Como novidade e, dentro do noso compromiso coa igualdade e a inclusión das persoas con diversidade funcional, anunciamos que na primeira hora das actividades se realizará unha adaptación para que as nenas e nenos que, pola súa condición, teñan dificultades para integrarse en grandes grupos ou agardar turnos longos de esperar, poidan participar nas actividades con prioridade de turno, favorecendo así a súa participación”, explica a alcaldesa, María Loureiro. É aconsellable, que para facilitar o desenvolvemento da actividade, veñan identificados cunha pulseira de cor azul.

3X3 URBANBASKET

O Concello de Viveiro acolle esta fin de semana unha nova edición do seu torneo 3×3 Urbanbasket Viveiro. Haberá dúas categorías, masculina e feminina, cun total de 3.000€ en metálico en premios.  A 16ª edición do torneo de baloncesto urbano 3×3 celebrarase o sábado 19 e o domingo 20 de agosto. Os premios serán de 1.000€ para o equipo gañador e 500€ para o subcampeón en ambas categorías. 

 
Ademais, tamén haberá premios adicionais para os gañadores ou gañadoras dos concursos de triplas, 2 ball, e para o MVP ou Xogador Máis Valioso do torneo.  A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou “a consolidación e a importancia deste evento dentro da estratexia do Concello para seguir potenciando o deporte entre a veciñanza”. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...