InicioOccidentalViveiroO Naseiro contará con buses da Xunta para os desprazamentos das persoas...

O Naseiro contará con buses da Xunta para os desprazamentos das persoas asistentes á romaría

A viaxe terá paradas en Viveiro, concretamente en Praza de Lugo, Verxeles, Valdeflores, Magazos, Río Pedroso, Landrove, Muíño (San Pedro), Infanta e Naseiro.

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta habilita servizos especiais de autobús para facilitar os desprazamentos á festa do Naseiro, en Viveiro, do 25 ao 30 deagosto.

Os usuarios disporán de rutas de ida e volta entre Viveiro, desde a Praza de Lugo, ata as inmediacións das celebracións do Naseiro.

Así, as expedicións de autobús funcionarán cada hora ao longo dos días da festa. Para a volta, desde Naseiro ata Viveiro, os viaxeiros tamén disporán de servizos cada hora nas madrugadas do sábado 25 ao mércores 30.

A viaxe terá paradas en Praza de Lugo, Verxeles, Valdeflores, Magazos, Río Pedroso, Landrove, Muíño (San Pedro), Infanta e, finalmente, Naseiro.

Ademais, os menores de 21 poderán viaxar gratis empregando o cartón Xente Nova, igual que o fan en todos os autobuses da Xunta. Os demais usuarios do transporte público autonómico poderán beneficiarse dos descontos do cartón TMG.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...