InicioOccidentalViveiroSanidade reclama a Viveiro medidas para mellorar a calidade da auga na...

Sanidade reclama a Viveiro medidas para mellorar a calidade da auga na praia de Celeiro

Tendo en conta que o control sanitario do medio natural é competencia da administración local, é o Concello quen debe dar as explicacións oportunas da orixe ou orixes da contaminación das augas.

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade urxe de novo o Concello de Viveiro a que tome as medidas oportunas para mellorar a calidade da auga na praia de Celeiro e así volver ser incluída no Programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño.

A pesar de que a Xunta lle advertiu ao goberno local no mes de febreiro que nas últimas tres temporadas de baño a calidade da auga fora insuficiente, o Concello de Viveiro non actuou para reverter a situación. Polo tanto, tal e como consta no Programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño, cando a calidade da auga é insuficiente durante varias tempadas significa que existe unha contaminación permanente e non puntual. En consecuencia, non se realizará vixilancia sanitaria destas augas ata que o Concello achegue un informe que xustifique a adopción de medidas destinadas á mellora da calidade da auga, xunto con resultados analíticos favorables da zona de baño.

Tendo en conta que o control sanitario do medio natural é competencia da administración local, é o Concello quen debe dar as explicacións oportunas da orixe ou orixes da contaminación das augas. Por responsabilidade e obriga legal, o Concello debe tomar as medidas oportunas para comunicar á poboación que debe absterse do baño, establecer actuacións para determinar as causas polas que a auga non acada a clasificación suficiente e prever a redución ou eliminación destas causas.

En canto o Concello acredite a realización de actuacións que melloran a calidade da auga do baño, poderá solicitar a súa inclusión na sección II do Rexistro de Augas de Baño de Galicia (Augas de baño en avaliación) e esa zona de baño incluirase no Programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño da Dirección Xeral de Saúde Pública

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...