InicioOccidentalViveiroViveiro lamenta o falecemento do alpinista Ramón Blanco

Viveiro lamenta o falecemento do alpinista Ramón Blanco

O alpinista tiña unha especial vinculación coa Camovi, a Carreira de Montaña Montes de Viveiro, que se celebra anualmente na vila.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro quere amosar as súas condolencias ante o pasamento do alpinista Ramón Blanco. O conxunto da corporación municipal e a súa alcaldesa, María Loureiro, trasladan o seu fondo pesar á familia e amizades dunha persoa estreitamente vinculada a Viveiro.


Ramón Blanco, un referente no mundo do alpinismo, ascendeu a algúns dos cumios máis altos do mundo, entre eles o Monte Everest. Ademais, o alpinista tiña unha especial vinculación coa Camovi, a Carreira de Montaña Montes de Viveiro, que se celebra anualmente na vila. De feito, Ramón Blanco participara nos últimos anos nesta proba de 42 km, onde se lle realizara unha emotiva homenaxe en 2022.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...