InicioOccidentalViveiroPresentada a programación das Festas de Xunqueira en Viveiro

Presentada a programación das Festas de Xunqueira en Viveiro

As celebracións terán lugar no campo da festa de Xunqueira, e contarán con numerosas actuacións musicais, actividades, e varios sorteos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolleu a presentación do programa das festas de Xunqueira en honra da Nosa Señora de Valdeflores, que terán lugar na fin de semana do venres día 8 ao domingo 10 de setembro.

Presentaron o evento María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, Jesús Fernández Fernández, segundo tenente de alcaldesa, e Jacobo Otero Rubal, membro da comisión de festas. As celebracións terán lugar no campo da festa de Xunqueira, e contarán con numerosas actuacións musicais, actividades, e varios sorteos.


O venres día 8 e o sábado día 9 haberá verbena; o venres, con Verónica Cambón e a disco móbil Conxuro, e o sábado, co Trío Zafiro e o grupo Zona Zero. Ademais, haberá sesións vermú o sábado co grupo Zona Zero e o domingo do Dúo Estrellas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...